jueves, 20 de junio de 2024

Roteiro literario: Paseo histórico pola Rúa


A actividade consistiu nunha saída cun grupo de alumnos do club de 4º ESO e bacharelato que, camiñando, foron visitando aqueles restos romanos máis salientables da Rúa. A andaina foi unha circular duns cinco quilómetros aproximadamente.

O grupo saíu do instituto e dirixiuse a Petín para visitar a Ponte da Cigarrosa. Na ponte, de orixe romana, o profesor guía da actividade, Luis Carrón, explicou as fases construtivas e a funcionalidade da ponte. Así mesmo, o miliario tamén deu pe a falar das infraestruturas de Roma.

Seguiu a andaina a bo ritmo cara a Fontei para visitar outro dos miliarios atopados no concello. Despois encarouse a parte máis longa do traxecto que levou ao grupo á Rúa Vella polo Camiño de Inverno. Despois de contextualizar diversos lugares visitados no seu contexto histórico as explicacións históricas finalizaron na lápida de Pompeio Reburro.

Esta actividade tiña como obxectivo principal relacionar os contidos dunha lectura co patrimonio arquitectónico e histórico da localidade, de xeito que houbese por parte do alumnado unha valorización do seu propio patrimonio. 


Club de lectura_Adultos

La niña del sombrero azul

Unha homenaxe a todas aquelas mulleres que sempre loitaron por seguir adiante


Ana Lena Rivera




Xixón, verán de 1929. Con dezasete anos, Manuela entra a traballar como criada na mansión dos marqueses de Armayor. Rodeada dun luxo que contrata coa pobreza da súa aldea natal. A moza coñecerá a arrogancia e o desamor, e tamén a costura, e establecerá unha amizade coa herdeira da familia.



Club de lectura_1º, 2º, 3º ESO e FPB

A boca do monte

É unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano

Celia Díaz Núñez




Ao imperio romano pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á escravizar. Porén sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos e pola Roma imperial.




Club de lectura_4º ESO e BAC

Breo. O celta que desafiou a Roma

Unha novela histórica que se le coma unha superprodución cinematográfica.


Francisco Narla




Breo é so un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas minas de ouro que alimentan os soños de Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e clazadas, máis tamén a destrución da terra e dos costumes.



Mural de Identidade de Nee Barros

do club de lectura de 1º, 2º, 3º ESO e FPB

O alumnado elaborou un mural cunhas imaxes e uns textos que reflicten moi ben a intención da autora, isto é, dar visibilidade á situación das persoa diversas en canto á súa orientación sexual.

sábado, 15 de junio de 2024

Club de lectura_Adultos

A culpa

Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa

La culpa

Amanda no sólo heredó una fortuna, también heredó una culpa

María Solar



Dúas historias unidas por unha herdanza. Mulleres atadas para sempre por un crime cometido. Unha relación que se converte en posesión, dominación e loucura.

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias...




Podemos ler a versión en galego ou en castelán.









Reunións do club de lectura de 1º, 2º, 3º ESO e FP

... elaboración dun mural