viernes, 18 de diciembre de 2020

 Libros do club de lectura do curso 2020-2021


  

Creado polos voluntarios da biblioteca

miércoles, 30 de septiembre de 2020

sábado, 16 de mayo de 2020











Club de lectura na casa 2ª quenda



O CLUB DE LECTURA "OS CIGURRIOS" SEGUE NA CASA

Club de lectura na casa

1º e 2º ESO

Revolución Detrito



Ticho é un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a súa irmá Area. El traballa de sol a sol nunha mina de carbón e a irmá fai outro tanto nun vertedoiro de lixo. É a única saída que teñen para sobrevivir na República de Ocidia, un país gobernado con man de ferro por un ditador tan extravagante como sanguinario. A vida de Ticho estará marcada por ese traballo inhumano para un rapaz, pola ausencia da nai e por buscar na fantasía a válvula de escape a unha realidade tan atroz.

Club de lectura na casa

3º ESO

A guerra dos botóns



Esta novela relata a intensa rivalidade que enfronta os nenos e nenas de dúas vilas veciñas, rivalidade que dá lugar a numerosas emboscadas, golpes, batallas, insultos e pedradas repartidas entre un e outro bando.

O título do libro procede do botín de guerra: os botóns extraídos das roupas dos «inimigos» como símbolo de humillación.

Club de lectura na casa

4º ESO

Illas de sotavento



Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo. 

Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construción da embarcación convértense nunha aventura.

Club de lectura na casa

Bacharelato

O ceo das reixas


O ceo das reixas, de Eli Ríos, recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres

Club de Lectura na casa

Adultos


Shanghai a Barcelona



"Shanghai a Barcelona" é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico.

Unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.