domingo, 30 de junio de 2019

Libros do Club de 1º ciclo da ESO:


Cartas de inverno 
                                                                    de A. Fdez Paz




O  escrior Xabier Louzao volve a Galicia, tras unha longa estancia en Quebec, e encóntrase coas cartas que, durante a súa ausencia, lle foi enviando o seu amigo Adrián, un famoso pintor. Adrían fálalle da súa nova casa na que reside. Pouco a pouco as cartas van adquirindo unha inquiteude, que desemboca nun terror polos estraños acontecementos que suceden na súa mansión.




Libro do Club de 2º ciclo da e FP Básica e do Club de Bacharelato:

Os nenos da varíola ou Los niños de la viruela 
                                                               
 de María Solar



María Solar achégase neste libro a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus corpos, levaron a vacina da variola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante. a historia comeza en 1803. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.