viernes, 9 de junio de 2017

A boca do monte

3º e 4º ESO:


A boca do monte


Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.
E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

Vento ferido


1º e 2º ESO


Vento ferido

 Carlos Casares


 O libro que marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega.

Unha ducia de relatos curtos forman Vento ferido, o libro que deu a coñecer a Carlos Casares en 1967 no entón nacente panorama literario galego. Nesta primeira obra, o autor toca xa algúns dos temas que serán fundamentais na súa traxectoria: a memoria, a desesperanza e a violencia.
É esta última a que destaca nos descarnados contos de Vento ferido, de apenas cinco ou seis páxinas: a violencia como rito de tránsito entre a infancia e a idade adulta; a vinganza e a reafirmación ruda da masculinidade; ou o axuste de contas persoal e político.

Alternando o monólogo interior coa narración en terceira persoa, Casares retrata personaxes desesperados, vellos que agardan unha visita que os saque da monotonía, cegos, enfermos e vítimas de amores imposibles, cunha linguaxe seca e apegada á oralidade.