jueves, 3 de junio de 2021


 Encontro con Ledicia Costas

              


O xoves 10 de xuño ás 12:30 h. os alumnos/as do Club de lectura de 1º e 2º ESO tiveron un encontro en liña a través de videoconferencia coa escritora Ledicia Costas. O seu libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta foi o traballado polos participantes deste grupo.
 
                                                                                     
Despois dunha breve introdución por parte da escritora, os alumnos principiaron un interesante diálogo con Ledicia.



Encontro con Antía Yáñez



Hoxe luns 7 de xuño os alumnos/as do Club de lectura de 3º e 4º de ESO tiveron un encontro en liña a través de videoconferencia coa escritora burelá Antía Yáñez. O seu libro Senlleiras foi o traballado polos participantes deste grupo.

       










Despois dunha breve introdución por parte da autora, os alumnos principiaron un diálogo con Antía que resultou moi interesante.
Previamente un grupo de alumnos de 4ºA entrevistaron á escritora para a radio Onda Cosme.