viernes, 13 de enero de 2017

O único que queda é o amor



Adultos:

O único que queda é o amor

Agustín Fernández Paz (Autor/a)
Pablo Auladell (Ilustrador/a)

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 - 5ª Edición Premio Literario Frei Martín Sarmiento (3º ESO a Bacharelato) - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 - Lista de Honra do IBBY, 2010



Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

O inferno de Marta


3º e 4º ESO:

O inferno de Marta

Pasqual Alapont (Autor/a)
Ignacio Chao (Tradutor/a)


Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí. Esta novela de Pasqual Alapont, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de pé. Esta é a historia de Marta, unha moza que se enamorou da persoa equivocada; pero tamén é a historia dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. O libro complétase con A máscara do amor, un texto no que o psicólogo e criminalista Vicente Garrido analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no inferno do maltrato físico ou psicolóxico. Un libro útil que combina unha novela emocionante chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda.

jueves, 12 de enero de 2017

A banda sen futuro


1º e 2º ESO

A banda sen futuro

Marilar Aleixandre (Autor/a)



17ª Edición - Premio Lazarillo de Creación Literaria, 1999 - Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas - Galix, 2001
A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.