1º e 2º ESO
A banda sen futuro
Marilar Aleixandre (Autor/a)

17ª Edición - Premio Lazarillo de Creación Literaria, 1999 - Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas - Galix, 2001
A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.
Gustoume o libro porque trata temas que se poden dar na vida real e como os afronta a nena protagonista
ResponderEliminarGustoume porque trata temas reais e temas que nos preocupan aos adolescentes como é o amor e a amizade. O meu personaxe favorito é a avoa porque é moi cariñosa con Carlota e faina reflexionar sobre o significado verdadeiro da amizade
ResponderEliminarÉrika 2ºA
Gustpume moito porque trata temas actuais. O personaxe que máis me gustou foi o de Carlota, é uunha nena que ao principio non se aceptaba a si mesma, pero ao final conseguiu aceptarse.
ResponderEliminarMaría Rodríguez Arias 2ªA
Gustoume moito o libro porque trata sobre o que lle pode pasar a calquera persoa ,tamén me gustou moito Moncho porque era moi bo con Carlota ,xa que estaba namorado dela.
ResponderEliminarItziar Pérez 2-A
Gustume porque trata de casos da vida como o acoso etc...e ensínanos a solucionalos.
ResponderEliminarA miña personaxe favorita foi Carlota porque todos se metían con ela por ter a cabeza rapaza pero ela era moi boa e pasaba desa xente,aínda que ás veces desexáballe o mal pero no fondo era unha boa persoa.
BRIAN 2ºA