viernes, 13 de enero de 2017

O inferno de Marta


3º e 4º ESO:

O inferno de Marta

Pasqual Alapont (Autor/a)
Ignacio Chao (Tradutor/a)


Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí. Esta novela de Pasqual Alapont, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de pé. Esta é a historia de Marta, unha moza que se enamorou da persoa equivocada; pero tamén é a historia dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. O libro complétase con A máscara do amor, un texto no que o psicólogo e criminalista Vicente Garrido analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no inferno do maltrato físico ou psicolóxico. Un libro útil que combina unha novela emocionante chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda.

20 comentarios:

  1. O inferno de Marta é un libro que trata sobre o que sofre Marta con Héctor, o seu noivo. Pareceume un bo libro, xa que nos mostra como sofren as adolescentes co maltrato, tanto físico coma psicolóxico.Non só é recomendable para os adolescentes, senón para todas as idades, xa que nos axuda a ver como afecta o machismo e poder buscar solucións.

    Martín 4º A

    ResponderEliminar
  2. Libro duro á par que interesante, cunha historia, por desgraza, tan realista que non deixa indiferente a ninguén. Recomendable cen por cen, sobre todo para persoas como Héctor.

    Claudia 4°B

    ResponderEliminar
  3. Este libro gustoume moito, xa que nos amosa ata que punto pode chegar un home cando se sente superior a unha muller. É unha historia interesante á vez que dura e realista.
    Non dubidaría en recomendar "O inferno de Marta"
    Alba Pérez 4B

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. ALERTA "SPOILER"
    "O inferno de Marta" é unha historia curta, pero moi intensa. En cada capítulo a acción vólvese máis complexa. Segundo avanza a historia atopamos a Marta nun problema cada vez máis grave do que, ó final, só pode saír con vida grazas á sorte que ten de que os seus amigos esteanpara salvala.. Na realidade non se adoita ter tanta sorte, pero tamén debería ser máis sinxelo orientarse na situación dende o principio debido á cantidade de información que se nos achega sobre o tema, é dicir, o verdadeiro erro de Marta foi volver con Héctor despois do acontecido na festa. O bo deste libro é que está dirixido a un público amplo: axuda a concienciar ós mozos e ás mozas á vez para saber detectar un caso de acoso e violencia, aínda que saber como reaccionar cando un é a vítima debe ser moito máis complicado do que incluso se amosa nesta historia. Unha lectura aceda, sen dúbida. Moi recomendable.

    ResponderEliminar
  6. Ese libro conta unha historia que actualmente repítese unha e outra vez. O argumento é interesante e, aínda que triste, intretida.

    ResponderEliminar
  7. Novela realista que nos fai reflexionar sobre o problema dos malos tratos a mulleres.
    David Anta Diéguez - 3º B ESO

    ResponderEliminar
  8. Libro moi recomendable para todos os lectores, calquera que sexa a súa idade; xa que a violencia de xénero non entende de anos.
    Adrián Sousa - 3º B ESO

    ResponderEliminar
  9. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  10. Novela que trata o tema da violencia machista a través do comportamento de Héctor, o típico maltratador: agoísta, mentiroso, violento, controlador...
    Víctor Anta Diéguez 3º ESO A

    ResponderEliminar
  11. Libro moi triste, xa que nos mostra como un maltratador controla a vida dunha muller ata tal punto que case a acaba perdendo.
    Martín Jiménez Diéguez 3º ESO B

    ResponderEliminar
  12. É un libro moi recomendable tanto para alumnas como para alumnos, xa que trata un tema moi actual e moi delicado. Aínda que a historia é bastante dura, encantoume a valentía que ten a protagonista ao final do conto por ter o fillo da persoa que abusaba de ela.
    María Barreiro Arias

    ResponderEliminar
  13. O inferno de marta é un libro que amosa a crueldade coa que se trata a algunhas mulleres na sociedade actual. Reflexa aspectos moi realistas que adoitan estar vixentes nunha relación de abuso entre parellas e califícaos de intolerábeis.

    ResponderEliminar
  14. É un libro moi entretido, aínda que é moi triste, é recomendable para todos os públicos xa que a violencia é moi común ultimamente. Ten un manual de autoaxuda no final do libro que deberían ler todas as rapazas.
    Triana Prada de la Cruz 4ºA

    ResponderEliminar
  15. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  16. É un gran libro porque conten un contido que se asemella a realidade e serve de autoaxuda para as mulleres maltratadas.
    Roberto 3º B

    ResponderEliminar
  17. Pareceume realista xa que se dan moitos casos de violencia machista en España e tamén no mundo.

    :(

    ResponderEliminar
  18. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  19. Aínda que era unha historia ficticia é un pouco esaxerada pero ten un gran parecido co que ocurre nestes tempos

    ResponderEliminar