Club Lectura: Os Cigurrios
Club de lectura da biblioteca do IES Cosme López Rodríguez
lunes, 2 de noviembre de 2026
martes, 29 de septiembre de 2026
jueves, 20 de junio de 2024
Roteiro literario: Paseo histórico pola Rúa
A actividade consistiu nunha saída cun grupo de alumnos do club de 4º ESO e bacharelato que, camiñando, foron visitando aqueles restos romanos máis salientables da Rúa. A andaina foi unha circular duns cinco quilómetros aproximadamente.
O grupo saíu do instituto e dirixiuse a Petín para visitar a Ponte da Cigarrosa. Na ponte, de orixe romana, o profesor guía da actividade, Luis Carrón, explicou as fases construtivas e a funcionalidade da ponte. Así mesmo, o miliario tamén deu pe a falar das infraestruturas de Roma.
Seguiu a andaina a bo ritmo cara a Fontei para visitar outro dos miliarios atopados no concello. Despois encarouse a parte máis longa do traxecto que levou ao grupo á Rúa Vella polo Camiño de Inverno. Despois de contextualizar diversos lugares visitados no seu contexto histórico as explicacións históricas finalizaron na lápida de Pompeio Reburro.
Esta actividade tiña como obxectivo principal relacionar os contidos dunha lectura co patrimonio arquitectónico e histórico da localidade, de xeito que houbese por parte do alumnado unha valorización do seu propio patrimonio.
Club de lectura_Adultos
La niña del sombrero azul
Unha homenaxe a todas aquelas mulleres que sempre loitaron por seguir adiante
Ana Lena Rivera
Xixón, verán de 1929. Con dezasete anos, Manuela entra a traballar como criada na mansión dos marqueses de Armayor. Rodeada dun luxo que contrata coa pobreza da súa aldea natal. A moza coñecerá a arrogancia e o desamor, e tamén a costura, e establecerá unha amizade coa herdeira da familia.
Club de lectura_1º, 2º, 3º ESO e FPB
A boca do monte
É unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano
Celia Díaz Núñez
Ao imperio romano pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á escravizar. Porén sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos e pola Roma imperial.
Club de lectura_4º ESO e BAC
Breo. O celta que desafiou a Roma
Unha novela histórica que se le coma unha superprodución cinematográfica.
Francisco Narla







