sábado, 16 de mayo de 2020

Club de lectura na casa

4º ESO

Illas de sotavento



Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo. 

Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construción da embarcación convértense nunha aventura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario