martes, 4 de diciembre de 2018

Libros do Club de 1º ciclo da ESO:


As meigas de Lupa 
                                                                  de María Solar 
             


Unha viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raiña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde Palestina
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde esperan os seus curmáns, para pasar unha semana de vacacións coa avoa. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir estancia con varias amigas da avoa, que veñen a participar nun congreso de meigas.



Tristes armas
                                                           de Marina Mayoral        


Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado...







Os Lobos de Moeche
                                                              de Manel Cráneo


                   

A través da aventura de Martín, un adolescente que vive no rural do século XV, viaxamos á Baixa Idade Media en Galicia e descubrimos as Revoltas Irmandiñas, polas que os campesiños e viláns galegos derrocaron máis de 140 fortalezas en Galicia nunha loita contra o poder establecido e os abusos dos señores feudais.

1 comentario:

  1. Eu lin As Meigas de Lupa, de Maria Solar:
    Este libro estivo á altura que eu agardaba. É moi interesante que viñeran os discípolos de Cristo a enterrar o corpo do Apóstolo Santiago no Pico Sacro.
    De feito, escollín este libro porque unha vez na clase de galego lemos un Anaco desta historia, e aí comeceime a interesar por esta lenda.
    Anque tamén me gustou a historia do poder das meigas de Berta, que fai descubrir aos seus neros a habilidade de gardar o poder das meigas e vaino herdar a súa neta María e así a tradición continúa.
    Tamén estivo moi ben relatada a odisea que tiveron que pasar para derrotar á malvada Penélope e o seu fillo Alonso, descendentes do rei de Duio, para salvar o que custodiaran tanto tempo, coa acuda das meigas, aínda que me xurdiron algunhas preguntas despois de ler o libro...

    ResponderEliminar