martes, 2 de febrero de 2021

Club de lectura de 3º ESO

Club de lectura de 4º ESO e FPBásica

O verán de Lucenza

Alberto Fortes




Unha novela que nos conduce a través das lembranzas do fillo do Cortizo, remitíndonos a un tempo xa desaparecido e ofrecéndonos caras contrapostas da realidade.










Facer un comentario do libro

3 comentarios:

  1. Excelente obra de Alberto Fortes, que nos amosa un mundo que semella xa moi afastado de nós, levándonos a través do tempo a unha filosofía de vida e uns costumes que resultan moi similares e diferentes á vez. Consegue, con gran mestría e crítica, expresar a súa preocupación pola desparición dun medio de vida que xa non existe cara ao que se supón que é mellor, que se considera así sen ter en conta as vantaxes do outro. Gústame o xeito en que o autor expón os feitos no libro, mediante a perspectiva dun neno cheo de inocencia e que non se cuestiona as cousas, para que así o lector poida reflexionar e profundizar sobre os temas. Á parte de todo o anterior, a estrutura do libro parece algo confusa, relatando anécdotas illadas, aínda que se pode seguir a lectura de maneira axeitada. Ademais, o escritor podería facer unha crítica un pouco máis aberta acerca do tema do despoboamento das aldeas, para que conforme un eixo central na obra. En resumo, é un libro moi interesante, que conta unha historia de forma próxima, deixando a confianza no lector e transmitindo uns sentimentos de pertenza a unha terra realmente emotivos.

    ResponderEliminar
  2. Gostei da forma na que o autor relata as súas experiencias, lembranzas e como viviu el os veráns como adolescente nunha afastada aldea rural nos anos 70.
    Tamén de como fixo que eu imaxinara vivir naqueles tempos, nos que o sol brillaba máis e os ríos corrían cheos de troitas para pescar.
    Nos que a herba crecía para que as ovellas a segaran sen fin, nos que o leite chegaba da vaca ao vaso. Nos que a chuvia enchía os prados de neve e nos que todo parecía infinito e ti invencible. Nos que xogabas a tirar dos rabos ás cabras ata que che deran unha patada.
    Tempos que imaxino foron os mellores da súa vida.

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que gustoume moito o libro e axudoume moito a entender a vida rural nos anos 70, fíxome colocarme nesa época e dalgunha maneira vivila a través do rapaz protagonista afeccionado á pesca e que pasa un verán na aldea de maneira bastante solitaria, só rodeado de xente maior, coma as súas tías, ou de 'fantasmas'.Recoméndoo.

    ResponderEliminar