viernes, 30 de abril de 2021

                                     Club de lectura de 4º ESO e FPBásica

Senlleiras

Antía Yáñez




A novela das mulleres que rachan co silencio.

Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza e atopada morta.






Facer un comentario do libro

2 comentarios:

  1. Senlleiras é unha obra brillante, que relata todos os detalles e narra con gran exactitude unha das maiores lacras da nosa sociedade: a invisibilidade das mulleres. Deste xeito, fainos reflexionar acerca da perspectiva adoptada pola muller sobre a violencia de xénero ao longo da historia, e amósanos que isto vén de longo e continúa desgraciadamente a existir. Somos testemuñas, mediante este libro, do temor sufrido polas mulleres maltratadas, dos sentimentos e da preocupación da xente do seu ambiente próximo e da dor desta ante o sentimento de impotencia cando xa non pode facer nada por salvalas.
    Apréciase a técnica narrativa tan orixinal que a autora emprega neste libro, alternando as dúas historias para que vexamos a evolución do sometemento da muller dende diferentes perspectivas; e mesmo a voz narrativa, ás veces en segunda persoa, con esa néboa que habita a casa na que vemos simbolizada á Alana xa asasinada que establecía un diálogo coa outra muller e outras veces en primeira persoa, como no caso de Navia para amosar os seus pensamentos e emocións. Despois, os narradores cambian segundo quen conta a historia ou en que parte da mesma nos atopamos Pódese dicir que a autora vai xogando para encaixar as pezas dun quebracabezas ata atopar o resultado buscado.
    É, en resumo, unha obra que nos fai meditar e nos amosa algo que está aí e que non debemos esquecer. Mulleres con gran talento e potencial, que foron enganadas cun erróneo concepto sobre o amor, que desexan ser ceibadas para poder vivir como elas queren, dignamente. Mulleres valentes que merecen ser lembradas. Mulleres que con gran afouteza e decisión trataron de dar un cambio ás súas vidas e que remataron pagando as consecuencias por intentalo.

    ResponderEliminar
  2. Un libro moi realista e interesante no que se relata un grave problema desta sociedade na que vivimos, a violencia machista.
    Lévase anos silenciando e tapando para dar unha imaxe dunha muller, sometida ao poder dun home, que traga e pasa por todo.
    Dúas versións dunha historia con demasiadas semellanzas e con moitos anos de diferenza.

    Non son só os golpes os que fan dano, as palabras tamén o fan. O menosprezo co que tratan moitos homes a mulleres, dánanas de por vida.

    Este libro é fácil de ler, entretido e ameno. A historia paralela de Alana e Alda engancha dende o primeiro momento. E a figura da nai de Alana, que aínda que non mostre afecto por ela, ao final está aí para salvala e vingala despois a súa morte.

    Senlleiras, non ten ningún punto negativo, é un libro moi impactante no que a súa escritora fixo un traballo incríbel na forma de escribilo.

    ResponderEliminar