miércoles, 16 de febrero de 2022

 Club de lectura_3ºESO

O conserxe

Xosé Luís Vázquez Somoza




A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra...






O cemiterio de barcos

Francisco Castro





David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis...




Poñer un comentario do libro

👇

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. COMENTARIO: O CONSERXE
    TÍTULO: O conserxe
    AUTOR: Xosé Luis Vásquez Somoza
    DATA DE PUBLICACIÓN: 8 de xullo de 2021
    EDITORIAL: Xerais
    O Conserxe de Xosé Luís Vázquez Somoza é unha novela ambientada nun instituto no que de
    súpeto aparece o cádaver dunha alumna de 1º de Bacharelato, dentro dunha canastra do
    ximnasio. Segundo as primeiras investigacións parece tratarse dun posible suicidio.
    O libro resulta pouco atractivo porque o comezo faise moi longo, pero cara ao final todo
    acontece moi rápido. A trama é boa se estivese contada dun xeito diferente.
    Como aspecto positivo do libro debemos salientar que sabe manter a intriga entre situacións
    emocionais e sentimentais complicadas.
    Rosa

    ResponderEliminar
  3. COMENTARIO: O CONSERXE
    TÍTULO: O conserxe
    AUTOR: Xosé Luis Vásquez Somoza
    DATA DE PUBLICACIÓN: 8 de xullo de 2021
    EDITORIAL: Xerais
    A historia que se relata neste libro céntrase na busca da verdade sobre a
    morte de Iria García, unha estudante de 1º de bacharelato do instituto
    que se di no libro, aparecida morta no pavillón do instituto. Aínda que a
    policía xa pechara a investigación como un suicidio, o conserxe non para
    de pensar que morreu doutra forma. Desa maneira descubrirá cousas
    secretas do pasado da moza e lidará con problemas da súa contorna.
    A historia transcorre dunha forma moi lenta e moi detallada en partes
    que non fai falla, como cando o protagonista come. Pero cando chega o
    final, todo remata rápido.
    O sorprendente do libro foi a descuberta da culpable.
    En definitiva, a trama está ben, pero debería ser contada doutra maneira
    para resultar máis interesante.

    ResponderEliminar