domingo, 30 de junio de 2019


Libro do Club de 2º ciclo da e FP Básica e do Club de Bacharelato:

Os nenos da varíola ou Los niños de la viruela 
                                                               
 de María Solar



María Solar achégase neste libro a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus corpos, levaron a vacina da variola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante. a historia comeza en 1803. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.

martes, 4 de diciembre de 2018


Club de lectura 
"Os Cigurrios"




Principian as actividades dos grupos do Club de Lectura. 







 
    Presentación do club de lectura de 1º e 2º de ESO


    Presentación do club de lectura de 3º e 4º de ESO


Libros do Club de 1º ciclo da ESO:


As meigas de Lupa 
                                                                  de María Solar 
             


Unha viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raiña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde Palestina
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde esperan os seus curmáns, para pasar unha semana de vacacións coa avoa. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir estancia con varias amigas da avoa, que veñen a participar nun congreso de meigas.



Tristes armas
                                                           de Marina Mayoral        


Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado...







Os Lobos de Moeche
                                                              de Manel Cráneo


                   

A través da aventura de Martín, un adolescente que vive no rural do século XV, viaxamos á Baixa Idade Media en Galicia e descubrimos as Revoltas Irmandiñas, polas que os campesiños e viláns galegos derrocaron máis de 140 fortalezas en Galicia nunha loita contra o poder establecido e os abusos dos señores feudais.
Libro do Club de 2º ciclo da e FP Básica e do Club de Bacharelato:

El túnel
                                                                de Ernesto Sábato






El Túnel é unha historia de amor, odio e norte. Foi escrita por Ernesto Sabato en 1948.  É un libro no que o seu protagonista conta aos lectores a historia de como matou á súa esposa e as razóns que o fixeron cometer ese crime. Describe dunha forma pormenorizada o proceso que pon en marcha un maltratador para apoderarse da súa vítima, o motivo polo que un home mata a unha muller por “amor”.
Libro do Club de adultos: 


Persépole 


                 de Marjane Satrapi










Marjane Satrapi ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia.

viernes, 7 de julio de 2017

X Xornada de Clubs de Lectura de Galicia


X Xornada de Clubs de Lectura de Galicia


Participaron 5 alumnos e 1 profesora. A viaxe foi compartida con alumnos e profesores do IES de Quiroga e do IES Río Cabe (Monforte).

A experiencia foi moi gratificante posto que ós rapaces encantáronlles o obradoiras nos que participaron: Improvisación oral 'regueifa' e Radio somerxida. O concerto fianl de  Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre foi excepcional.

Roteiro Literario


Roteiro Literario

Partindo da lectura que se fixo no Club de Lectura de A Boca do Monte (grupo de 2º ciclo da ESO), realizouse un roteiro literario en compaña da autora e de Moncho Vila (técnico de Cultura do Concello de Quiroga) grazas ó cal se visitaron lugares vinculados á novela e se comentaron cuestións relacionadas coa vida dos pobos prerromanos que habitaban na zona de Quiroga e Valdeorras, así como as distintas técnicas empregadas polos romanos para a extracción de ouro.

-Alto de Aldriz e miradoiro do Castro de Ares (Concello de Quiroga).
-Ponte Romana de Barxa de Lor (Concello da Pobra do Brollón).
-Minas de Margaride (Parroquia de Quintá de Lor - Concello de Quiroga).
-A Boca do Monte (Montefurado - Concello de Quiroga).
-As Médulas (Ponferrada).