Club de Lectura Os Cigurrios
martes, 17 de diciembre de 2019
miércoles, 11 de diciembre de 2019
Club de Lectura
Adultos
Infamia
Ledicia Costas (Autora)
Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.
Club Lectura
4º ESO, F.P. Básica e Bacharelato
O último barco
A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul,

Club Lectura
3º ESO
O grupo
XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018

lunes, 25 de noviembre de 2019
lunes, 1 de julio de 2019
Libro do Club de adultos:
Fariña
de Nacho Carretero
Fariña
de Nacho Carretero
A través de testemuños directos de capos, pilotos de planeadoras, arrepentidos, xuÍces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con minuciosidades esta paisaxe criminal. Fariña inclúe, ademais, un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día.
domingo, 30 de junio de 2019
Libros do Club de
1º ciclo da ESO:
Cartas de inverno
de A. Fdez Paz
Cartas de inverno
de A. Fdez Paz
O escrior Xabier Louzao volve a Galicia, tras unha longa estancia en Quebec, e encóntrase coas cartas que, durante a súa ausencia, lle foi enviando o seu amigo Adrián, un famoso pintor. Adrían fálalle da súa nova casa na que reside. Pouco a pouco as cartas van adquirindo unha inquiteude, que desemboca nun terror polos estraños acontecementos que suceden na súa mansión.
Libro do Club de 2º ciclo da e FP Básica e do Club de Bacharelato:
Os nenos da varíola ou Los niños de la viruela
de María Solar
María
Solar achégase neste libro a unha das aventuras máis importantes da
historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea
de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus corpos, levaron a vacina da variola a América. Sacados dos hospicios da
Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da
Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel
Zendal, xogará un papel determinante. a historia comeza en 1803. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o
serán máis nunca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)