miércoles, 11 de diciembre de 2019

Club Lectura

4º ESO, F.P. Básica e Bacharelato

O último barco



A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul,
nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.

2 comentarios:

  1. A primeira impresión sobre “O último barco” pode ser un pouco negativa xa que é un libro moi denso, pero malia iso é unha novela policíaca de suspense que mantén a intriga dende o comezo da historia.
    Esta historia comeza coa desaparición de Mónica Andrade. Leo Caldas, protagonista tamén das dúas obras anteriores a esta de Domingo Villar, é o inspector principal que leva a investigación e para el resolver este misterio convértese nun gran reto persoal.
    Esta investigación é bastante misteriosa xa que ao comezo parece estar todo normal e non parece que Mónica estea en perigo, aínda que isto é o que afirma o pai, pero pai e filla non tiñan moita relación.
    Ao longo da obra nárrase pouco a pouco como se van desenvolvendo as pescudas sobre a súa desaparición e segundo pasan as páxinas deste libro vemos como se vai revelando o misterio de Mónica Andrade.
    Recomendo este libro xa que é unha proposta un tanto diferente e logra por completo que te mergulles na historia destes personaxes e que desperte en ti unha gran intriga.

    ResponderEliminar