miércoles, 11 de diciembre de 2019

Club Lectura

3º ESO

O grupo



XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018

Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade. Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya.

2 comentarios:

  1. O libro do Grupo encantoume, é impresionante que despois de vivir situacións tan duras como as que viviron os/as protagonistas poidas axudar a que persoas que están en circunstancias parecidas aprendan a vivir con iso, e que todo lle sexa máis fácil.
    É un libro que, eu persoalmente, recomendo xa que con el apréndense moitas cousas.

    ResponderEliminar
  2. Foi un libro que me gustou moito.Ver como se poden axudar as persoas que non se coñecen de nada,é moi conmovedor.É un libro que podería ler todos os días.Recoméndovolo a todos e a todas.

    ResponderEliminar